4.15.2005

Manuelmarianismo (II)

avisaramos nós de que esta eterna praga divina de Manuelmarianismo furibundo e exacerbado nom ia ter fim. Isto que reproduzimos agora chegou pola rede.
Sam Caralámpio nos acolha a todos e a todas no seu seio, ou nas suas cuncas de vinho. Descanse em paz, hom, descanse em paz!

Homenaxe a Manuel María
Morrazo, abril 2005

A Comisión Organizadora dos actos da Homenaxe do Morrazo ao poeta Manuel María que se van celebrar os días 21, 22 e 23 de abril de 2005 no Auditorio Municipal de Cangas comunícalles os actos programados e solicítalles a súa colaboración na divulgación dos mesmos.

MESA REDONDA
"Manuel María, poeta nacional"
Auditorio Municipal de Cangas Xoves, 21 de abril ás 20 horas coa participación de intelectuais e escritores amigos coñecedores da súaobra MANUELA ÁLVAREZ, XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR, BAUTISTA ALVAREZ, MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO e BERNARDINO GRAÑA.
Presenta PILAR FERNÁNDEZ, poeta.

RECITAL POÉTICO
Día 22 de abril, venres ás 20,00 no AUDITORIO MUNICIPAL de Cangas.
Leitura de poemas de Manuel María.Coa participación do gaiteiro Iván Costa Blanco e a Coral Polifónica de Bueu

CONCERTO MUSICAL
Sábado, 23 de abril ás 21 horas no auditorio Municipal de Cangas coa participación de: Na Virada, Tino Baz, A Quenlla, Xavier Blanco, grupo de baile Axoúxeres- Meiramar: estrea da “Danza do Espantallo” (escenificación dunha escena agrícola) , Grupos tradicionais de GaitasManxadoira (Bueu) e Tromentelo (Coiro).

ENTIDADES QUE ORGANIZAN E PATROCINAN OS ACTOS DE HOMENAXE DO MORRAZO AO POETA MANUEL MARÍA: Asociación Cultural A Cepa (Cangas) Asociación de Mulleres (Moaña)Asociación Cultural de Meiro (Bueu) Asociación Nós (Moaña) Asociación Xiria (Cangas) Asoc. Cult. As Lagoas (Bueu) A.C. Cacarexo. Coiro (Cangas) Lonxa Literaria (Moaña) Casa Museo de Camaño Xestido A Mangallona Asociación de Veciños Rio Bouzós (Coiro) Embarcacións Tradicionais (Bueu) Casa dos Druídas (Vilaboa) Clube de Xadrez (Bueu) Cine- Club (Cangas) Cine-Clube ( Bueu) Libraría Maraxe (Cangas) Libraría O Puntillón (Moaña) Libraría Viláfer- Paula (Cangas) Libraría Abrente (Bueu) Agrupación Axóuxeres- Meiramar (Moaña) Grupo Tradicional Manxadoira (Bueu) Agrupación Musical Na Virada. Coral Polifónica de Bueu Equipo de Normalización Lingüística CEIP Espiñeira (Aldán) Teleinmobiliaria Caerpuma, S. L.Faro de VigoAuditorio Municipal de CangasConcello de CangasConcello de MoañaCIG- Ensino (Morrazo)Deputación Provincial de Pontevedra. Asociación de Escritores en Lingua Galega Asociación Socio-Pedagóxica Galega Mesa pola Normalización LingüísticaXornal A Nosa Terra.

O Morrazo, abril de 2005.
Comisión Organizadora
Homenaxe a Manuel María
"Un poema é un ser vivo que anda, respira, soña, chora, salouca, ama,berra, cintila e escurece, (...) E nunca morre". Manuel María

Outro dia falaremos do tema da normativa.

1 Comments:

Blogger inseminario said...

Cánta razón tendes irmaos!
Q blake os bendiga e
q iolanda castaño vos satisfaga na forma e tempo que demandedes.
unha forte apertan dende o Inseminario.

7:52 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home